Dentro da campaña contra a privatización express de
Novagalicia, que supón unha ameaza para os postos de traballo e para a
continuidade da Entidade ligada a Galiza, a CIG ten convocado unha
concentración o vindeiro 5 de novembro ás 11:30 horas na oficina central na
Coruña.
Neste mesmo senso, estamos
á espera de confirmación de locais para a celebración de asembleas de
traballadores e traballadoras, sendo conscientes das dificultades para a
participación do persoal das oficinas que abren polo serán.
A privatización da
Entidade, realizada de xeito opaco, non contempla ademais garantías para o
emprego, cando xa se levan destruídos 2.400 empregos dende a fusión das Caixas.
É o momento de levantar a voz
en defensa dos postos de traballo.
en defensa dos postos de traballo.
Nin un despedimento máis
en Novagalicia Banco!!
Sem comentários:
Enviar um comentário