A CIG presentou un paquete de 100 medidas, entre as que figura a conversión de novagalicia banco nunha Banca Pública Galega, que contemplan políticas alternativas para crear emprego.
Está presentada unha ILP (Iniciativa Lexislativa Popular) no Parlamento e a espera de que se tramite para comezar coa recollida de sinaturas.
Nesta semana estanse celebrando numerosas marchas polo emprego en todo o país nas que estamos participando delegados/as da CIG en novagalicia.
Maña 17 haberá concentracións en numerosas empresas, a Sección Sindical da CIG en novagalicia concentrarase en Vigo contra o proceso de privatización.
O sábado 19 de outubro está convocada unha manifestación nacional en Santiago para demandar ese cambio de políticas que precisamos para crear emprego en Galiza.
Sem comentários:
Enviar um comentário