O pasado 8
de xullo, a CIG apoiou a concentración convocada na Central de Vigo en García
Barbón, en defensa da continuidade dos 712 traballadores e traballadoras de
UGAS en Novagalicia Banco.
Tal e como dixemos en numerosas ocasións,
apoiaremos a calquera traballador ou traballadora da Entidade que queira
defender o seu emprego ante decisións inxustas da empresa, coma é o duro Plan
de Reestruturación presentado pola Dirección ante a Comisión Europea.
Entendemos que a reunión mantida co Presidente da
Entidade só serviu para ratificar o que xa coñecíamos: o persoal de UGAS está a
venda. Nada mudou.
Dicir que se negociará o traspaso é un brindis ao
sol, xa que así o establece a propia lexislación; sabemos que non estamos
simplemente ante unha sucesión empresarial.
A CIG apoiou esta mobilización e consideramos
especialmente grave que outros realizasen un boicot activo da mesma, cando os
compañeiros/as só están defendendo lexitimamente o seu posto de traballo.
1 comentário:
Non eran, éstes compañeiros, os mesmos que ríanse na cara, cando os demáis manifestabanós? Os mesmos que "pensaban" que a eles, nunca lles ía a tocar? Os mesmos, que cando foi a folga pola Reforma Laboral (ou as pensións), non faltou ningún ao seu posto de traballo? E agora seguramente, queren que nos solidarízemos con eles! Manda Güe...
Enviar um comentário