Achegamos resumo da reunión que nos remiten os traballadores e traballadoras de UGAS.
Asistiron,
como convidados, delegados dos seguintes Sindicatos:
CIG, CCOO,
UGT e ASCA (Non compareceron, a pesar do convite, CGT e CSICA)
Asistentes:
110 persoas pertencentes a diversos colectivos de UGAS.
A Asemblea comezou ás 17,30 horas e, seguindo o orden
do día, interviñeron numerosos compañeiros e os delegados dos Sindicatos que achegaron
as súas impresións e intercambiaron a información que tiñan sobre a situación
que está atravesando o Departamento de UGAS sobre a súa posible venda de persoal
ou externalización de servizos.
Ao respecto, acordase por unanimidade de todos os
presentes REXEITAR A SEPARACIÓN DE UGAS
DO BANCO, COA VENDA DO PERSONAL OU COA EXTERNALIZACIÓN DO SERVIZO, e de xeito
subsidiario as seguintes medidas:
PRIMEIRO: Exixencia á empresa de información fiable, directa e transparente.
Petición a todos os Sindicatos para que estean ao día das negociacións do
posible traspaso do persoal de UGAS. Que a empresa conte con eles dende este
momento para calquera negociación que se este levando a cabo sobre o noso futuro.
Que nesas negociacións estean presentes representantes de UGAS, elixidos
libremente polos compañeiros de UGAS.
SEGUNDO: Exixencia á empresa de non
vetar aos empregados de UGAS nas convocatorias vacantes de postos no resto de
Unidades do BANCO, realizadas polo Departamento de Recursos Humanos.
TERCERO: Delegar nos Sindicatos
presentes na Asemblea á solicitude dunha Reunión coa empresa con data límite do
día 5 de xullo para dar contido ás reivindicacións dos puntos recollidos na Asemblea
e neste resumen.
CUARTO: Delegar nun Sindicato dos
presentes na Asemblea (recaeu na CIG),
realizar os trámites legais oportunos para unha concentración ante a Sede
Institucional de Vigo o vindeiro día 8 de xullo ás 17,30 horas para o caso de
que non se chegue a celebrar a reunión nomeada no punto Terceiro ou se
celebrara sen acordo.
QUINTO: Si non hai vontade por parte
da empresa de transparencia na información e boa vontade para a viabilidade do
Departamento de UGAS, volverémonos a reunir para concretar medidas de presión
máis severas.
Dáse por finalizada a reunión ás 20,30 horas.
Sem comentários:
Enviar um comentário