Venda do Etcheverria ao venezolano BANESCO |
Estamos en Resolución Ordenada, tal e como advertimos en agosto 2012, polo que a empresa será desmontada e vendida en anacos antes da súa total privatización. Así que, a negociación da rebaixa das condicións laborais do persoal que se venderá ao Etcheverria, pode marcar o camiño cara a outras vendas parciais ou cara a venda total da Entidade, (se na poxa a Entidade fose vendida a outro banco, este pode requirir o mesmo que hoxe pide o Etcheverria). Neste senso, entendemos que estamos ante unha negociación de gran importancia.
É por iso que, con carácter previo, temos solicitado documental que foi negada pola empresa (prego de condicións da venda, ofertas recibidas, documento no que o Etcheverria solicita a redución salarial, etc). Así mesmo, pedimos coñecer os criterios de asignación do persoal ás oficinas vendidas, xa que un 30% do persoal ten data de entrada na posterior ao 2007 e o 97% cobra complementos persoais ou funcionais.
Propostas da CIG cara a modificacións condicións persoal vendido:
Temos realizado propostas para coñecer se a diferenza salarial alegada é real.
1. A empresa di que o Etcheverria recoñece a antigüidade, que respectará o salario base e os trienios, pero que quere facer desaparecer os complementos persoais ou funcionais.
2. Entendemos que malia que o Convenio de aplicación sexa o das Caixas, deberían realizar unha proposta de transposición de categorías ao Convenio da Banca (que será o que lles apliquen no futuro) engadíndolles os complementos que existen na Banca (plus calidade traballo, plus polivalencia funcional, etc.).
3. Só así poderemos coñecer a diferenza entre o salario que perciben actualmente e o que deberían percibir no banco Etcheverria, se realmente se lles respecta o salario base e a antigüidade.
4. O Banco Etcheverria carece de estrutura nos SSCC para dar servizo a estas oficinas, polo que podería terse aberto un plan voluntario para o persoal de SSCC-NCG afectado tamén polo proceso de reestruturación, minimizando os despedimentos.
Proposta da CIG Prexubilacións:
Por outra banda, a Dirección deu resposta a nosa proposta para que as provisión realizadas para os 150 despedimentos que serán minorados por esta venda, sexan utilizadas para novas prexubilacións reducindo o número de despedimentos. A empresa dixo que “no lo ve factible pero que como toda propuesta será valorada”. Esta proposta da CIG foi apoiada exclusivamente por ASCA e CGT.
Semella que a Dirección prefire engrosar a conta de resultados con cargo a esas provisións, no canto de arbitrar un proceso menos traumático para o cadro de persoal e, ante isto, haberá quen cale.
2 comentários:
Co aforro de 150 non da par mais de 30 prexubilados,mellor será suprimir as reduccions do 20 e 33%.
É certo que o que máis apreta hoxe son as reduccións de xornada e salario, que ademais non responden a criterios obxectivos, máis ben a vendetas de Directivos. Pero non é menos certo que cando comecen os despedimentos estes seran ainda máis dolosos.
En todo caso estamos abertos a proposta de suprimir reducións de xornada ou a incrementar as prexubilacións. Outra cuestión é si contamos co apoio do resto para convencer á empresa.
Enviar um comentário