5.6.13

Confirmada a apertura período informal

A empresa dando cumprimento a Disposición Adicional Segunda do Convenio, convocou a apertura dun período informal que non poderá exceder dunha semana, para proceder a unha modificación á baixa das condicións laborais dos 150 traballadores e traballadoras das 66 oficinas que seran adquiridas polo Echeverría/Banesco.

O Banco alega que o persoal do Echeverría ten unhas condicións moi inferiores e propón unha rebaixa do 20%.

A día de hoxe non se coñecen as condicións das distintas ofertas realizadas para adquirir estas oficinas, nin a oferta de cada unha das Entidades dende o punto de vista laboral.

Sem comentários: