15.5.13

Listo para sentenza o Expediente de Despedimentos Colectivos

O 14 de maio celebrouse na Audiencia Nacional o xuízo contra o Expediente de Despedimentos Colectivo de NCG Banco, SA, que establece que no mellor dos casos quedarían 3.334 persoas a finais do 2017. Queremos aclarar que non fixemos pública a nosa demanda, dado que conten información facilitada pola empresa baixo segredo profesional. 

A demanda da CIG centrouse: 

-O Plan de Reestruturación (P.R.) completo ao que tivemos aceso grazas ao xuízo, establecía que quedarían 3.334 postos de traballo a 31/12/2017; o ERE contempla que unha vez rematadas as reducións de xornada (5 anos) quedaran os postos previsto no P.R (3.334). O ACORDO NON REDUCE OS DESPEDIMENTOS. 

-O Plan de Reestruturación recolle que a indemnización de despedimento sería 30 días por ano, cunha medida en Novagalicia banco de 79.000 euros e 47.000 na zona non core (debido a que a xente ten menos anos traballados na Entidade). As indemnizacións previstas no ERE, agás as prexubilacións, coinciden no caso das Baixas Incentivadas e resultan incluso máis baratas nos despedimentos. Non se negociou, impuxeron o previsto. 

- O Plan de Reestruturación, non foi negociado coa representación sindical e inclue o compromiso de obrigado cumprimento por parte da empresa e do Reino de España. Durante o período de consultas houbo un simulacro de negociación coa representación sindical.

-A empresa recoñeceu, malia ser un ERE por causas económicas, que non facilitou información preceptiva (IVE, Contas anuais, etc); tampouco deu o número de despedimentos por categorías, provincias e Comunidades, etc. A CIG non respaldará nunca despedimentos sen ter cando menos a información económica que os “avale”.

-Conforme ao Plan de Reestruturación novagalicia é viable, rendible e solvente en solitario. As rede de oficinas en Galiza é a máis rendible dos sistema financeiro galego. Os traballadores e traballadoras somos máis produtivos que a media do sector (tanto polo rateo volume de negocio/empregado, como depósitos/empregado). Non ten sentido nun ERE pos supostas causas económicas pechar 200 oficinas rendibeis e reducir 1.139 empregos eficientes en novagalicia banco.

-A empresa tivo beneficios no primeiro trimestre sen despedir masivamente, é viable coa estrutura actual, caben dúbidas do resultado si se aplica a reestruturación. A eficiencia é superior á alegada durante o período de consultas, cun rateo do 55. Na media do 50 que require o Banco de España para ser viables. 

Será pois a Audiencia Nacional a través da sentenza a que estableza o que hai que facer. En todo caso non se reduciu o número de despedimentos e a cantidade das indemnizacións responde a un compromiso asumido por NCG e o Reino de España coa Comisión Europea. 

Por último no xuízo quedou claro que a CIG non asinou o Preacordo, de ser así non houbera cabido demanda pola nosa parte.

Sem comentários: