Malia que a empresa non fixo ningún tipo de comunicación oficial, aos sindicatos que non claudicamos no ERE IV, temos constancia de cando
menos, 8 despedimentos en Galiza.
Estamos ante despedimentos inxustos que comparten un mesmo perfil: a
empresa despide a quen quere e incluso con engano de por medio.
Houbo casos onde despois de pechar oficinas se lles dixo que “estaban á
espera de novo destino” e que tiñan que falar directamente co responsable de
RRHH Francisco Mateo. Non tiveron máis noticias ata recibir a notificación do
seu despedimento.
Nestes momentos hai contratos temporais en vigor en Galiza; estan
recolocando a xente de fora de Galiza aquí, polo que hai vacantes. Despiden á
brava.
Tal e como temos anunciado si hai despedimentos, hai conflito. O
vindeiro martes 16 de abril
nos, os vosos representantes sindicais electos no seu día para defender os
postos de traballo, concentrarémonos
diante da oficina de San Roque en Lugo, onde foron despedidos 2
compañeiros.
Hai prazas para recolocar, despiden por que queren…e lles deixan.
Comeza o pesadelo.
3 comentários:
E a impugnación ao acordo ¿ónde está?
¿para cando?Xa non tedes credibilidade
pois ofrecer a empresa un pacto retirar a impugacion a cambio de deixar sin efecto os despidos e paralizalos este año,o recurso non ten sentido tal como esta a nova lexislacion,iremos mais xente a calle
Non te preocupes pola impugnación da CIG, que foi feita en tempo e forma. Preocúpate polos que estan despedindo co voso consentimento.
Enviar um comentário