18.4.13

Comunicado conxunto CIG, ASCA, CGT


O 16 de abril mobilizámonos ante a oficina de San Roque en Lugo, oficina na que estaban destinadas 2 das 8 persoas das que non tiñan destino notificado e as que a empresa indicou que pensaba despedir. Foi unha mobilización tensa e dura, como advertimos dende o primeiro momento si hai despedimentos haberá conflito.

Co ERE IV a Dirección pode facer o que lle peta e pode despedir cando queiran, onde queiran e a quen queiran. A nivel galego a empresa quere executar un número indeterminado de despedimentos, o que está en xogo é cando iniciaran o proceso.

É o momento de pasar o “Rubicón”?. A lóxica di que hai un conflito externo que está tendo un impacto no negocio superior ao que (erroneamente) estimaron; hai prazas para recolocar ao persoal e incluso contratos temporais en vigor nalgunhas zonas onde pretendían despedir; hai 2 impugnacións do ERE ante a Audiencia Nacional; hai unha inseguridade xurídica evidente. Pero ollo, temos claro que si queren poden despedir.

Os despedimentos a nivel galego semellan aprazados, e estamos á espera da solución definitiva para estas 8 persoas a cal parece non está decidida ainda.

En todo caso fora de Galiza hai despedimentos e non pasa absolutamente nada. A diferenza é que aquí hai sindicatos con representación nos Comités de Empresa dispostos a ir a un conflito e no que os traballadores e traballadoras poden apoiarse, tamén para presentar demandas individuais si fose preciso.

Alégranos que outros sindicatos lle digan ao Presidente da Entidade que están dispostos a actuar xudicialmente e a mobilizarse contra os despedimentos. Pero nos xa o fixemos.

Sem comentários: