5.2.13

Comunicado conxunto reunión 4 febreiro



Cartel á entrada da reunión
Hoxe a empresa puxo por riba da mesa unha proposta que abarca todos os aspectos que presentaron no Ministerio de Traballo: despedimentos, mobilidade, suspensións de contrato e modificacións substanciais das condicións laborais. Os paros forzaron a empresa a moverse, malia que moi pouco. Agora toca o empurrón definitivo coa FOLGA.
Indemnización despedimentos:
Con carácter xeral 28 días por ano traballado máximo 18 mensualidades. Para o persoal maior de 55 anos no 2013, cotizarían á Seguridade Social ata os 61 anos (na súa proposta inicial era ata os 63).
Por outra parte en relación aos 2.250 despedimentos propuxeron:
·      Abrirían "ventanas" voluntarias para ser despedidos/as do 1 ao 15 de xaneiro de 2014 e 2015.
·      Non renovarían 35 contratos temporais estruturais.
·      67 persoas que teñen os contratos suspendidos con compromiso de retorno, serían despedidas con 40 días por ano traballado.
·      200 novas suspensións de contrato dende 30 xuño 2013 ata 31 decembro 2014. De non ser posible o retorno, se despedirían con 23 días por ano, máximo 14 mensualidades.
·      Reducir os despedimentos en 250 persoas, a través de reducións de xornada e ampliación de horarios comerciais. Proposta que precisaron será contrastada en posteriores reunións.
·      Pospoñer os 590 despedimentos de EVO ata o 31 de decembro de 2014. Se fosen despedidos/as a indemnización sería 28 días por ano cun máximo de 18 mensualidades.
Na práctica, a única medida real de redución do número de afectados/as, sería a través da redución de xornada e ampliación do horario comercial, sen que concretasen tal medida.
Por parte da representación sindical propuxemos:
·      O reaxuste debería establecerse en 5 anos, cunha condición resolutoria para paralizar o proceso se se produce a subasta por parte do FROB. Todas as propostas sindicais teñen como fin reducir a "0" os despedimentos.
·      Reparto do traballo entre todo o cadro de persoal.

·      Programa efectivo de recolocacións máis alá do mínimo legal.  

·      Plan de saídas voluntarias, escalado no tempo cunha antigüidade a partir de 20 anos, con saída a partir da data de cumprimento dos 55 anos.
·      Compromiso de dotación mínima das oficinas, superior a actual, en consonancia coa media europea.
·      Redución do número de Direccións Territoriais e desaparición das Xefaturas de Zona.
·      EVO, hai que concretar dende este momento o mínimo por oficina (6/7 persoas) + % SSCC para darlles servizo. O persoal EVO poderá acollerse as medidas xerais pactadas.
·      Non externalización de traballos que podan acometerse dentro do Banco.
·      Redución dos gastos de representación; coa información que consta a 30/6/2012 equivale aproximadamente a 150 postos de traballo. (Con posterioridade a empresa dixo que os Gastos de Representación que figuran na documentación económica, non son tales e que inclúen outro tipo de gastos).
·      Redución salarial topando o máximo en 75.000 euros (que ningún empregado/a cobre máis que o Presidente do Goberno mentres a Entidade continúe nacionalizada).
·      Creación de oficinas desprazadas, máis alá das actuais; incluído o ámbito rural.
·      Contemplar, antes do seu peche, a posibilidade de venda de calquera tipo de negocio e o traspaso do cadro de persoal asignado ao mesmo e, en particular, a rede de oficinas que pretenden pechar.
·      Trimestralmente a empresa facilitará listado de operacións realizadas fóra da xornada laboral, figurando cando menos, día, hora e usuario/a.
Malia que propuxemos manter outras reunións nesta semana, a Dirección, a través de Ana Godino (Sagardoy), dixo que se mantén a data do 11 de febreiro.
Os paros parciais fixeron que a empresa movera posición, pero aínda estamos moi lonxe de conquerir salvar todos e cada un dos postos de traballo. Eles continúan falando de despedir, nós de manter os postos de traballo. Por iso é fundamental a FOLGA do 6 de febreiro.
Ante a Folga, insistimos:
Þ    Non é preciso preavisar a asistencia á FOLGA.
Þ    Non é preciso asistir á oficina. Hai que ir ás manifestacións convocadas.
Þ    Malia que a empresa prohibiu avisar a clientela de que estaremos pechados (o que pode provocarlle problemas), é importante avisar á clientela, sobre todo a máis habitual, para evitarlles prexuízos.
Þ    Traslada a esta representación sindical, calquera correo, chamada, etc., que recibas, para tratar de forzarte a traballar ese día.
Manifestacións: 6 de febreiro ás 12:00 da mañá
Cidade
Lugar saída
A Coruña
Rúa Nova (OP Novagalicia banco)
Santiago
Praza de Galicia (OP Novagalicia banco)
Ourense
Rúa do Paseo (OP Novagalicia banco)
Lugo
Praza Maior (OP Novagalicia banco)
Pontevedra
Rosalía de Castro (Oficina de Bankia)
Vigo
Rúa Urzáiz (Oficina de Bankia)

Sem comentários: