Este ERE abre a porta ao banco do futuro, a un banco na que a clientela se atende a si mesma a través de canles alternativos, con poucas oficinas con amplos horarios comerciais; un modelo de banca onde sobran os traballadores e traballadoras.
Cando se puxo en marcha EVO, unha copia mala de ING Direct (este naceu como banca alternativa e foi xerando emprego, aquí partimos dunha caixa de aforros e van destruíndo emprego), dende a CIG advertiamos que o futuro de parte da rede galega podía ser ese. Que irían pechando máis oficinas para avanzar cara a ese modelo. O plan piloto "Xestor de migración V.4", co obxectivo de derivar á clientela tradicional cara ás canles alternativas nos reafirma nesa crenza.
Hai 190 oficinas, o 42% das que quedarán, nas que porán en marcha os novos horarios, estilo EVO, "el banco que le da las buenas tardes". No pasado o negocio de fóra foi dividido en 2: EVO e EVO-NCG (que pecha). En Galiza estamos ante un cambio de horarios para 190 oficinas? Ou ante unha futura división da empresa?
É unha desgraza, estamos en mans de quen considera que un banco cun modelo tradicional de negocio, que xere emprego, con vocación de servizo á clientela e á sociedade sobra. O "inteligente" é desmantelar e despedir.
Nese 42% de oficinas futuristas convivirán cando menos 4 horarios: os do persoal con redución de xornada e salarios do 34%; outro horario para quen teñan redución do 20%; xornadas partidas con horario de mañá e tarde e, por último, xornadas flexibles.
Con todo, as reducións teñen un horario incerto (non figura no acordo) e cunha libranza incerta (non sabemos qué días suspenderán os contratos). Curiosamente no plan piloto "gestor migra" a empresa di que con carácter xeral os momentos con maior carga de traballo son:
Dispersión semanal: Luns e venres
Dispersión mensual: Do día 1 ao 5 e do 25 ao fin de mes
Con estes vimbios non estaría de máis que os horarios e libranza figurasen no "Acordo" e non quedasen ao libre albedrío da Dirección.
Por último as reducións tramitaranse coma suspensións e, polo tanto, poden consumir prestación por desemprego e a reposición do mesmo está aprobada só ata o 31/12/2014 (Real Decreto 1/2013). É dicir, a partires desa data, a xente pode consumir desemprego e se fose despedida no futuro non cobraría paro.
2010 ERE, 2011 ampliación ERE, 2012 ERE, 2013 ERE
1 comentário:
Como vai a impugnación do ere?
Enviar um comentário