27.2.13

Ás actas nos remitimos. Comunicado conxunto.

Adxunto remitimos escaneado das actas do 12 e 14 de febreiro, onde figuran os sindicatos que ratificaron o Preacordo e o Acordo. Nin CIG, nin ASCA, nin CGT asinamos o “Preacordo” nin o “Acordo”. Por lei as actas estan firmadas por todos e todas, dicir que asinar un acta é asinar un Precordo é a maís burda manipulación.

CIG, ASCA e CGT teñen funcionamentos internos democráticos, de aí que as decisións non as tomamos as persoas que estamos na mesa negociando, tomámolas colectivamente. Foron as nosas organizacións as que decidiron democraticamente a nosa posición ante o "preacordo" e o "acordo". Incluso, aínda que fose por precaución, nunca asinaríamos ningún acordo ás 2:15 da maña despois de máis de 8 horas de reunión e menos cando afecta á vida de tantas persoas.

Así mesmo a nosa posición definitiva ante o “ERE” foi tomada democráticamente polos traballadores e traballadoras que quixeron participar na asemblea conxunta aberta celebrada o pasado día 18 de febreiro.
 
Por último con caracter previo ao “Preacordo” e ao “Acordo” defendimos, tanto a través de correos electrónicos, coma nas reunions mantidas entre os sindicatos que calquera acordo na mesa debería ser sometido a unha asemblea. E aceptamos a proposta doutro sindicato para que fose a través dun referendo vinculante. Si non quixeron celebrar unha asemblea ou un referendum, é baixo a súa responsabilidade.
 
En todo caso agradecemos a preocupación doutros sindicatos que defenden o preacordo alegando falsamente que o asinamos CIG, ASCA e CGT, saben que a nosa sinatura é unha garantía de calidade para calquera acordo. Pero nunca asinaríamos un acordo para despedir a 1.850 persoas; precarizar as condicións dos que quedan; e sobre todo que impón unha reestruturación que dificulta a viabilidade futura da Entidade, iso compañeiros e compañeiras é o máis grave.

Sem comentários: