Coma hai quen teima en descalificar, no canto de defender o seu acordo, queremos aclarar algunhas cuestións.
Nos non temos problemas en publicar os correos electrónicos remitidos por esta representación sindical ao resto, nomeadamente os relativos ás propostas "conxuntas" presentadas os días 11 e 12.
A proposta presentada pola UGT o día 11, contestamos ese mesmo día ás 20:19 horas. No correo entre outras cuestións (que non temos inconvinte en publicar) dicíamos: "houbo unha proposta sindical (que nos non respaldamos a espera de maior concreción por parte da empresa nalgúnha das súas propostas".
Nese mesmo correo dicíamos: "Tamén consideramos que debería quedar moi claro que a negociación debe ser na mesa onde estamos todos e todas, non vale romper a unidade por atras con reunións de non se sabe quen".
Na propia acta figura que é unha proposta conxunta a excepción da CIG.
Na propia acta figura que é unha proposta conxunta a excepción da CIG.
O día 12 CCOO remitiu un correo cunha proposta titulada "Documento en busqueda de un acuerdo". Contestamos en correo dese mesmo día ás 11:50. O correo comezaba: "imos ver, xa sei que o que lle valeu ao FROB e algúns sindicatos nun sitio, tamén lle valería no outro. Pero nos non estamos por facer fotocopias. Pensamos que cabe un acordo distinto, axeitado a nosa realidade e sen tantas e graves repercusións laborais."
As nosas afirmacións, teñen todas un soporte documental.
Sem comentários:
Enviar um comentário