O vindeiro luns 28 está convocada unha nova reunión
da Mesa “Negociadora”. Ao mesmo tempo
temos convocado un novo paro de media hora de duración de 12:00 a 12:30, un
paro fundamental ante a cerrazón da Dirección/FROB/Goberno que só puxo por riba
da mesa unha proposta cutre destinada a despedir, despedir e despedir. Non hai
outro camiño.
Máis alá da actuación da empresa, é preciso que
consigamos o máximo seguimento para seguir demostrando que estamos todos e
todas unidos para defender os nosos postos de traballo.
O pasado día 23 de xaneiro milleiros e milleiros de
traballadores/as de EVO, Bankia e Banco de Valencia ateigaron as rúas de
diferentes cidades, en manifestacións históricas e masivas.
O 24 de xaneiro os delegados e delegadas sindicais
de NCG Banco, os vosos representantes, estivemos concentrados diante da Xunta
de Galicia en San Caetano, para demandar que nos reciba o Presidente. El foi o impulsor da fusión das Caixas contribuíndo
a levarnos onde estamos, agora non pode
mirar para o outro lado ante a demolición do que queda das mesmas.
O día 28
agardamos poder contar novamente co voso respaldo.
Por outra parte, somos
coñecedores de casos illados de coaccións e ameazas por parte de directivos
tóxicos da Entidade no paro do 21. Estas constitúen un delito contra os traballadores
e traballadoras que é perseguible vía penal. Neste senso, non
teñades medo en denunciar calquera tipo de presión que recibades, para que
fagamos que cese de inmediato.
Temos
dereito a protestar cando pretenden despedirnos dándonos unha patada e
mandándonos ao paro. Falade para que nos escolten alto e claro.
Sem comentários:
Enviar um comentário