22.1.13

Fronte aos despedimentos masivos: paros masivos

COMUNICADO CONXUNTO

 
O primeiro dos paros convocados, previsto para o 21 de xaneiro, foi coma a Asemblea e a Manifestación: masivo. Segundo os datos dos que dispoñemos, a actividade do ordenador central foi un pouco por riba da actividade dun domingo (incluída a banca electrónica, etc). Unha demostración da decisión do cadro de persoal de defenderse dos despedimentos inxustos.
O mesmo día, ás 11:00 da mañá, tivemos unha reunión que foi interrompida pola propia convocatoria de paro. A Dirección puxo por riba da mesa a súa proposta para o “acordo”, que foi rexeitada por unanimidade:
·       Manteñen os 2.250 despedimentos neste ERE (en total 2.500). Descontarían os contratos interinos e os despedimentos das persoas con contrato de relevo cando se produza a xubilación da persoa relevada (en total 60/70 persoas).
·       Con carácter xeral a indemnización de despedimento sería de 23 días por ano traballado, cun máximo de 14 mensualidades.
·              As persoas maiores de 55 anos en 2013 terían unha indemnización de 25 días por ano, cun máximo de 18 mensualidades. A cotización á Seguridade Social sería ata os 63 anos.
·       O persoal maior de 50 anos afectado polas extincións de contratos, sería despedido en 2013, para evitar o sobrecuste previsto na lexislación, (se a empresa ten beneficios deberían aportar ao Tesouro Público polo importe do desemprego e subsidio).
·       Mobilidade xeográfica: 6.000 euros nunha soa vez. Mantendo a axuda vivenda e a posibilidade dun novo préstamo vivenda.
·       Consolidación de categoría pendente e afectada polos peches: Manterían o establecido no Acordo laboral 2010.
Hoxe mesmo os sindicatos fixemos pública a convocatoria dunha Folga nas Entidades nacionalizadas (Novagalicia, Bankia e Banco de Valencia) para o vindeiro 6 de febreiro. Ademais, lembrar o seguinte calendario de mobilizacións:
24 xaneiro:   CONCENTRACIÓN ás 11 da mañá en San Caetano (Santiago), diante da Xunta de Galicia.
28 xaneiro:   PARO de media hora, das 12:00 ás 12:30 coincidindo cunha nova reunión da Mesa Negociadora.
4 febreiro:    Novo PARO de media hora, das 12:00 ás 12:30.
6 febreiro:    FOLGA total nas Entidades nacionalizadas e concentracións/manifestacións.
Non desbotamos convocar máis mobilizacións, paros ou folgas, dependendo da evolución da negociación. Debemos defender todos e cada un dos postos de traballo.

Sem comentários: