O día 20 de decembro ás 18:00 horas en Santiago terá lugar a asemblea máis importante da nosa historia. Temos que abordar o futuro, para falar de emprego e do mantemento dos postos de traballo.
A forza dos sindicatos reside nos traballadores e traballadoras. Só a vosa participación masiva pode evidenciar que estamos dispostos a defender o noso traballo e, polo tanto, pode contribuír a situarnos nun novo escenario de negociación máis favorable ás nosas posicións.
Queremos facilitar os desprazamentos a Santiago, para o que haberá un servizo de autobuses dende A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Podedes apuntarvos poñéndovos en contacto con calquera delegado/a, nos correos das distintas seccións sindicais ou no correo asambleaconjunta@gmail.com (indicando o voso nome e cidade de partida). Lembrámosvos que o propio xoves 20 (día da asemblea) e os dous seguintes, a xornada laboral é das 8 ás 15 horas.
Seguimos co calendario fixado e o día 10 concentrámonos diante do Banco de España na Coruña e na Delegación do Goberno, facendo entrega de senllos escritos dirixidos ao Gobernador e ao Ministro de Economía, reiterando a nosa solicitude de reunión co FROB. Así mesmo, o día 13 de decembro trasladarémonos á Xunta de Galicia para reiterar a solicitude de reunión co Presidente Alberto Núñez Feijoo. O impacto económico, social e laboral da reestruturación fai precisa a participación da Xunta neste proceso.
Estamos vivindo o noso particular “Pesadelo antes do Nadal”, estamos nas mans dos Mr. Scrooge de quenda. É preciso alzarnos coma unha soa voz para defender os postos de traballo, polas nosas familias.
3 comentários:
Uno de cada dos o de cada tres?si en la zona gallega echan a mil y somos cuatro mil,ya me parece bastante pero sin meter mas miedo,alli estaremos
E qué vai a pasar coas empresas auxiliares?
OS ERE'S PARA A FAMILIA REAL !!!!!
Enviar um comentário