COMUNICADO CONXUNTO
Alertados polas nosas asesorías xurídicas dos riscos que corremos se se sigue adiante co período de consultas sen a nosa presenza nas reunións, propuxemos, para tratar reconducir a situación, o seguinte:
Alertados polas nosas asesorías xurídicas dos riscos que corremos se se sigue adiante co período de consultas sen a nosa presenza nas reunións, propuxemos, para tratar reconducir a situación, o seguinte:
Non dar por pechado o período de negociación informal previsto na D.A. 2ª do Convenio Colectivo.
Fixar un calendario de reunións previas á apertura formal do período de consultas o suficientemente amplo, na busca de acercamento de posturas.
As Seccións Sindicais constituídas na Entidade, serán os interlocutores no proceso.
As reunións celebraranse en Galiza.
Na primeira reunión a Entidade deberá aportar a documentación necesaria para o seu estudo.
Como data de inicio de contactos, propoñemos que se fixe a primeira data a partires da terminación da festividade de Reis.
A resposta por parte da Entidade, non se fixo esperar e:
Aceptan aprazar a data de inicio formal do período de consultas por un período non inferior a 15 días.
Expresan a vontade de celebrar contactos previos á apertura formal propoñendo o seu comezo na primeira semana de xaneiro.
Toman nota de que as Seccións Sindicais serán os interlocutores no proceso, sen prexuízo do dereito de información dos representantes unitarios (Comités–Delegados/as Persoal).
As reunións celebraranse preferentemente en Galiza.
Estas afirmacións da Dirección da Empresa non nos garanten que o proceso conclúa con acordo. O proceso será longo e non exento de dificultades, polo que é importante que esteamos alerta e manteñamos a mobilización como arma para a defensa dos nosos dereitos e nosos postos de traballo.
Como manifestamos na asemblea celebrada o 20 de decembro, a nosa pretensión era reunirnos primeiro co FROB, para o cal, con data 10 de decembro solicitamos unha entrevista por mediación do Gobernador do Banco de España, que nos responde o día 14 de decembro, entre outras cousas o seguinte “En todo caso, he transmitido su petición al Subgobernador y Presidente de la Comisión Rectora del FROB para, si fuera necesario, organizar la entrevista a la que se refieren en su carta de 10 de diciembre”.
Ata hoxe ninguén se puxo en contacto con nós e despois de consultar con algunhas asesorías xurídicas das organizacións sindicais, entendemos que debemos reunirnos coa empresa, por suposto sen descartar as reunións que solicitamos co FROB, co Sr. D. Luís de Guindos e co Sr. D. Alberto Núñez Feijoo. A inseguridade xurídica que provoca o rexeitamento a reunirse, pode volverse na nosa contra.
O prego de termos para a recapitalización segue pendendo sobre as nosas cabezas e coñecemos as cifras e datos que se barallan.
Nos próximos días iremos informando do calendario de mobilizacións que vaiamos acordando e que se incrementarán ou non, dependendo das propostas que se vaian reflectindo nas conversas/negociacións.
A manifestación programada en Santiago para o próximo día 12 de xaneiro ás 12 da mañá debe contar co apoio do persoal, familia e amizades.
O teu futuro laboral está en perigo:
¡¡¡ Mobilízate !!!
Sem comentários:
Enviar um comentário