Só 180 persoas, forzadas a maior parte delas pola reestruturación de oficinas fora de Galiza, teríanse acollido ás baixas incentivadas do ERE III.
Ao mesmo tempo a Dirección da Entidade dixo na reunión do pasado luns que as suspensións de contrato non son unha saída, dado que estamos ante un problema estrutural, non coxuntural. Tal e como advertimos unha e outra vez as suspensións non son acaidas para o sector da banca.
O ERE III é un fracaso, pero na reunión coa Dirección houbo quen pediu a ampliaciòn do paquete de baixas incentivadas, e non foi a empresa.
O único que funcionou do ERE III, foi a extensión das baixas incentivadas para os maiores de 55, con cotización ata os 63 anos. Unha mala copia da nosa proposta para este colectivo, que consistía en incrementar a indemnización e alongar a cotización ata os 64 anos.
Malia todo non se cortan e van a polo IV ERE.

Sem comentários:
Enviar um comentário