Concentración 11 de outubro |
Demandamos
información sobre o futuro, que se escoite á
representación sindical e que se teña en conta que
Novagalicia Banco é sistémica para Galiza e que os
nosos postos de traballo serán defendidos con uñas e
dentes. Neste momento no que a Troika e o Goberno
Central negocian o futuro da Entidade, non entendemos
como a Xunta de Galicia non requiriu estar presente
durante a negociación, deixounos abandonados despois
de “fusionarnos” e poñer o banco en mans de José María
Castellano. Por iso comezamos as mobilizacións cunha
concentración diante da Xunta de Galicia o día 11 de
outubro.
Estamos
fartos de que negocien as agochadas se liquidan
parcialmente a entidade e cantos/as iremos ao paro
puro e duro. Iso, compañeiros e compañeiras, é o
futuro que nos preparan.
Temos
dereito a recibir información, a que se escoiten as
nosas achegas e a que se nos diga claramente por parte
dos actuais propietarios, o Estado, cal é o plan de
futuro e a cantas persoas queren sacrificar na pira
funeraria do RD 24/2012.
Sempre
dixeron estar abertos á representación sindical e
anunciaron transparencia. Tan falso coma os famosos
investidores privados. O Goberno non contestou, o
mesmo que a Dirección, as nosas peticións de reunión.
Se
o que preparan fose algo bo, tede seguro que o
terían aireado publicamente na campaña electoral. O
seu silencio é acusador.
Están
decidindo cantas persoas seremos despedidas con catro
duros. Que non conten con que entreguemos os nosos
postos de traballo sen loitar, cando menos iso faremos
os vosos e vosas representantes da CIG. Estamos dispostos a pasar os días
e noites que faga falta na porta da OP da Coruña,
ata recibir información clara, precisa e
transparente. Só durante a xornada de reflexión e de
votación levantaremos o campamento.
Se alguén quere vernos, alí
estaremos.
Sem comentários:
Enviar um comentário