Hoxe os sindicatos mantivemos unha reunión coa Dirección na que fomos informados sobre as decisión do banco de actuar xudicialmente contra varios ex-directivos. Na reunión, malia que o solicitamos, a empresa non quixo abordar o impacto laboral do Real Decreto 24/2012 de reestruturación e resolución ordenada de entidades.
Finalmente a Dirección decidiu persoarse na causa aberta na Audiencia Nacional contra ex-directivos en base á querela formulada pola Fiscalía Anticorrupción froito da apertura de dilixencias pola denuncia formulada pola CIG en Outubro do 2011. Entendemos que a empresa decidiu persoarse despois de ser citada como parte.
Asi mesmo a Dirección comunicou a presentación dunha papeleta de conciliación ante o SMAC, contra os ex-directivos que marcharon o ano pasado sendo Caixa, dado que calquera acción laboral prescribia ao cabo dun ano. No caso dun ex-directivo que marchou sendo banco (Garcia de Paredes) ainda hai prazo legal ao respecto. Esta actuación tivo lugar despois de solicitar un asesoramento externo.
Ista actuación ten lóxica, a querela admitida a trámite afecta a parte das indemnizacións, pero unha vez aberta a querela semella lóxico que tamén se actue na vía laboral para recuperar o resto. Si houbo unha actuación que a fiscalía entende fraudulenta, esta debe ter repercusións laborais.
Estamos ante unha boa noticia que a sociedade e a clientela demandaba despois da alarma social provocada pola actuación das altas direccións.
Dende a CIG preguntamos si daban por pechada esta posibilidade contra José Luis Méndez López (actual patrón de honra da Fundación da Voz de Galicia), dado que saiu da empresa fai dous anos este 11
de setembro. A empresa dixo que as accións legais prescriben pasado 1
ano. (Nos entendemos que si cobra unha renda do plan de pensións, non
estaría prescrita calquera acción laboral).
En relación á demanda laboral contra ex-directivos, para a que a empresa contratou asesoramento externo, queremos lembrar que no mes de maio, cando coñecimos que os ex-directivos tiñan 33 millóns pendentes de cobro por compromisos de xubilación, solicitamos formalmente do Consello de Administración que se solicitase asesoramento externo, un informe legal para impedir novos pagamentos inxustos. Algo que agardamos tamén se aborde.
Dende a CIG fomos os primeiros en dar pasos ante unha actuación inxusta social e laboralmente, felicitámonos polo cambio de posición da actual Dirección. Nesta cuestión ten todo o noso apoio.
Asi mesmo na reunión mantida hoxe coa Dirección socilitamos que se abra unha investigación interna sobre cuestións concretas, como determinadas operacións ligadas a anterior Corporación de Caixa Galicia, por si fora posible unha ampliación da demanda contra outras persoas. Estamos convencidos de que son todos os que estan, pero non estan todos os que son. Outros tamén cobraron inxustamente indemnizacións multimillonarias que deberían devolver.
Sem comentários:
Enviar um comentário