O congreso dos
deputados validou o “Real Decreto 24/2012, de reestruturación e resolución
ordenada de entidades”co voto favorable do PP, CIU e UPN (partidos inimigos dos nosos postos de traballo). Un decretazo que
permite a liquidación de entidades.
Finalmente o
Congreso validou o Real Decreto que sitúa ao Grupo NCG banco, nunha situación
de resolución ordenada. Un proceso que terá repercusións laborais inmediatas,
iso si, despois das eleccións galegas.
O artigo 25 do RD 24/2012, establece que é a Resolución Ordenada.
O artigo 25 do RD 24/2012, establece que é a Resolución Ordenada.
Si ata o de agora o Estado poxaba as Entidades, un
proceso que garantía parcialmente os postos de traballo, como vemos na CAM ou en UNNIM. Agora
ábrese un novo escenario regulado no artigo 25 do Decretazo:
Artigo 25.
Instrumentos de resolución.
- Os instrumentos de resolución son:
A)
A venda do negocio da
entidade.
B)
A transmisión de activos ou
pasivos a unha banca ponte.
C)
A transmisión de activos ou
pasivos a unha sociedade de xestión de activos.
D)
O apoio financeiro aos
adquirentes do negocio, a banca ponte, ou á sociedade de xestión de activos
cando resulte preciso para facilitar a implementación dos instrumentos
anteriores e para minimizar o uso de recursos públicos.
- O FROB poderá adoptar os instrumentos anteriores individualmente ou conxuntamente.
- Si se aplicaran de xeito parcial os instrumentos de resolución, unha vez realizada a transmisión parcial do negocio ou dos activos e pasivos, a entidade se disolverá e liquidará no marco dun procedemento concursal.
A CIG nin quita,
nin pon, isto é o aprobado polo goberno do PP e validado polo Congreso dos
Deputados. Non é causar alarma é a dura e crúa realidade. Onte foi un día
nefasto para os traballadores e traballadoras de novagalicia banco, do Banco
Gallego e das empresas auxiliares.
Ante esta situación
non podemos quedar parados, nos vindeiros días poremos en marcha iniciativas en
defensa dos postos de traballo. Estamos abertos á unidade de acción, pero polo
momento agardamos a posición doutros fronte a este Decretazo.
Sem comentários:
Enviar um comentário