As ovellas comen da man do dono |
Esta ben que un sindicato
faga nun comunicado un relatorio do que estamos vivindo os traballadores e
traballadoras da Entidade.O que non está ben é non achegar ningunha alternativa sindical e que a solución sexa que
cada un dos traballadores/as “mandemos a
tomar Fanta” a non sei quen. Tan simpático como inutil.
Non vale acatar e
apoiar todas e cada unha das medidas da empresa/FROB, a través da sinatura de
ERE´s; modificacións substanciais; recortes no plan de pensións, etc, e despois
pedirlle ao persoal que se enfronte individualmente.
Moitos dos
problemas que vivimos son froito dos recortes de persoal, aprobados por algúns
sindicatos. As oficinas e SSCC están en cadro e non damos feito, algo que á Dirección
da empresa/FROB dálle igual.
A resposta á
situación que estamos vivindo, que é unha auténtica desfeita, ten que ser
colectiva, nunca individual. Para iso estamos os sindicatos, cando menos é o
modelo sindical no que acredita a CIG.
1 comentário:
Desgraciadamente na nosa empresa hai ovellas e borregos.
Enviar um comentário