Nos últimos tempos comeza a ser habitual que sindicalistas da CIG sexan imputados penalmente por defender aos traballadores e traballadoras, tentando de criminalizar as mobilizacións contra os recortes sociais e laborais.
Neste verano vivimos varios casos: a petición de sanción por 625 euros as persoas da Asemblea de Parados por coller 25 euros en comida que foron doados á cociña económica de o Ferrol; a imputación de delegados/as da CIG (incluidas persoas da nosa Federación e desta Sección Sindical) por terse mobilizado nunha ETT; ou a condea de 3 anos de cadea a persoas da CIG e outros sindicatos por loitar por un Convenio xusto.
Agora a anunciada reforma do Código Penal, pretende endurecer a actuación xudicial e policial contra as protestas sociais nun momento de recortes de dereitos e servizos básicos e de empobrecemento da poboación.
A represión non freará a loita polos nosos dereitos nacionais e sociais.
Podes ver aquí unha nova ao respecto publicada por Sermos Galiza.
Sem comentários:
Enviar um comentário