3.7.12

Todo está aberto, nada está pechado.

A Troika (UE, BCE, FMI) e o goberno do Estado definen aínda os termos do rescate, queda por definir a posible existencia do banco malo; si haberá fusión das nacionalizadas; como se articulará o rescate e as condicións do mesmo; o único claro é que quen reciba axudas públicas deberá acometer un novo proceso de reestruturación. Con este escenario fomos convocados a unha reunión co Presidente JM Castellano.

Non recibimos nin un só documento, o Presidente fixo unha exposición optimista da situación e unha defensa do seu proxecto (basicamente entrada maioritaria de mais capital público e en menor cantidade de investidores privados, o que lle permitiría a estes tomar vantaxe cara a futura privatización) o que creemos non semella do gusto das autoridades.

A nosa posición non mudou:
 
·         Calquera axuda pública debería estar condicionada ao mantemento do emprego, dificilmente a Entidade poderá ser competitiva (e polo tanto devolver as axudas) si continua a voráxine de destrución de emprego que empeora a calidade de servizo e debilita a posición no mercado.

·         Si hai que sanear con diñeiro público, queremos que a entidade continúe no futuro como unha banca pública galega con vocación de servizo á cidadanía e con vocación de permanencia no tempo. 

·         Que esta recapitalización se faga de xeito inmediato, dando solución ademais á clientela con preferentes e obrigas, co fin de restablecer a confianza e credibilidade da Entidade. 

·         Que se proceda ao nomeamento dunha nova Dirección profesional que antepoña a viabilidade e o futuro da entidade, ao seu negocio.  Apartando ademais aos directivos vinculados as altas Direccións anteriores.

Como xa advertimos  novas axudas implican unha maior reestruturación, feito que xa anunciou o Ministro no Congreso dos Deputados e tal e como dicta a lexislación europea. Pero segundo o Presidente do banco como xa se tomaron medidas “agarda” que non pedirán maiores sacrificios.
Ademais e dada a incerteza sobre o futuro do Banco Gallego (o seu Consello de Administración retirou da Xunta de Accionistas a ampliación de capital) o Presidente quixo “tranquilizarnos” indicando que todo está aberto, pero que unha posible absorción sería boa para novagalicia, xa que así a nova reestruturación podería afectar ao Banco Gallego mais que a novagalicia. Argumento que no sindical tranquiliza pouco e que con todos os respectos é pouco rigoroso.  Achegar 800 persoas mais, o cadro de persoal do Banco Gallego, a unha empresa que debe ser reestruturada, en ningún caso é positivo. 

Fixo unha serie de afirmacións sobre a visión que tivo o BdE sobre os plans de recapitalizacións presentados (cos criterios anteriores ao rescate), que non nos corresponde a nos facer pública, por moito que a propia Dirección a filtre en nome dos "sindicatos" a algún xornal.  
En definitiva unha reunión mais co único obxectivo de convencernos da bonanza do seu proxecto que non para despexar incertezas e da que saímos mais preocupados do que entramos, por entendermos que se fan afirmacións co animo de calmar ao persoal malia que sexan pouco rigorosas.

3 comentários:

Anónimo disse...

Ese título é moi do estilo Mariano Rajoy, que o sepades.

Anónimo disse...

No caso Bankia hai imputados sindicalistas de CCOO que estaban no Consello de Administración.

Cando as barbas do veciño...

Anónimo disse...

No caso Bankia hai imputados sindicalistas de CCOO que estaban no Consello de Administración.

Cando as barbas do veciño...