6.6.12

ETHOS


É preciso lembrar cando un exdirectivo indemnizado puxo en marcha en Caixa Galicia o que denominaban “Código Ético”, dixemos daquela que non admitíamos leccións de ética da Dirección e non pasando moito tempo vivimos o escándalo das indemnizacións. Hoxe os novos Directivos poñen en marcha ETHOS, unha verba grega que está na raíz da palabra ÉTICA, a nosa posición non mudou.

Crean un clima parapolicial e de sospeita, onde uns teñamos que vixiarnos aos outros, onde calquera pode denunciar de xeito anónimo ao veciño. Esa é a impresión de gran parte do cadro de persoal ante a posta en marcha do “Canal EHTOS”.

Apoiamos que a empresa estableza os controis que estime oportuno, pero nin é o momento adecuado (con toda a incerteza que se vive nas oficinas), nin estamos de acordo coas formas (de xeito unilateral) nin co contido (da a impresións de que queren instaurar de xeito oficial a figura do “correveidile”). Só lles faltou dicir que quen denuncie pode quedarse co posto do denunciado e coa seu nivel salarial.

Somos os primeiros en esixir que se depuren responsabilidades i excesos, pero certamente cando os  que forman parte do Staff actúan mal, aquí non pasa nada (e ata se xustifica e temos que actuar outros) e cando a Dirección pensa que fixo algo alguén de abaixo, se despide sen posibilidade de defensa.

Agardamos, tal e como solicitamos, se investiguen algunhas operacións que nos levaron a onde estamos e das que tiraron beneficio persoal algúns directivos. Cando empecen nolo creremos.

Sem comentários: