7.6.12

NCG Banco precisa 4.500 millóns de euros mais

8.127.000.000 euros públicos para sanear a súa xestión

Malia que a Dirección de NCG Banco, SA valorou en 1.109 millóns de euros as provisións e capital precisos para dar cumprimento ao Real Decreto 18/2012 (Decreto de Guindos), hoxe o Subgobernador do Banco de España anunciou en sede parlamentar que as necesidades de catalunyacaixa e ncg banco serian cercanas aos 9.000 millóns de euros, malia que non hai datos segregados os medios falan de 4.500 millóns de euros para cada unha (dados que poden non ser totalmente exactos).

En todo caso sería unha nova inxección que se engade ao FROB 1, por 1.162 millóns de euros e aos 2.465 millóns de euros do FROB 2. 

O que evidencia unha mala xestión que debe ser investigada e unha minusvaloración das necesidades de capital (tanto coa fusión, como coa bancarización e nacionalización e para dar cumprimento ao decreto 18/2012).

De ser certas estas cifras serían 8.127 millóns de euros as inxeccións públicas de capital por parte do Estado, que se engadirían aos desisventimentos realizados para facer fronte aos negocios dos Méndez, Gayoso, Pego e demais familia.

Resulta incrible pero din que perderon 1.350.000.000.000.000 pesetas (1 Billón, CON B, 350 mil millóns das antigas pesetas).

Sem comentários: