Como única novidade, a
Dirección dixo que o ERE III estaba
“obsoleto” pero non aclararon o significado e o alcance desa afirmación (se
haberá un novo ERE). Non sabemos canto cobrou o ben pagado asesor da empresa na
negociación do obsoleto ERE III (Martín Godino).
Preguntamos sobre as salvedades de Deloitte ás contas, e a
explicación foi a mesma que publicaron na prensa.
Pediron que transmitamos confianza ao cadro de persoal
sobre o seu proxecto. Sen dúbida, nos gustaría poder facelo, pero non vemos
motivos para a esperanza e, obxectivamente, estamos peor que hai un ano.
Para animarnos a defender
a bonanza do proxecto “Castellano”, máis ante un novo ERE, indicaron que cunha absorción
só quedarían 400 oficinas en Galiza.
Preguntamos sobre a
macro-fusion NCG, Bankia e
Catalunyacaixa, viñeron a dicir que o Ministro é un “falabarato” e que non había nada.
Transmitímoslle que
rexeitamos as presións que están exercendo sobre o persoal. Hai directivos que
pretenden responsabilizar aos traballadores/as da viabilidade do seu proxecto e
con ameazas polo medio.
En definitiva, foi unha
reunión de trámite que a Dirección aproveitou para comezar a falar dun novo
ERE. Cousas veredes.
Sem comentários:
Enviar um comentário