29.4.12

O PP rectifica a reforma e facilita a posible saída dos maiores de 55

Rajoy mans-tesouras
A reforma laboral contemplaba que si as grandes empresas con beneficios despedían a maiores de 50 anos, deberían facer un ingreso ao Tesouro polo desemprego e as cotizacións á seguridade social que este realiza. Ese ingreso afectaba aos despedimentos realizados nos 3 anos anteriores, polo que no noso caso afectaba tamén ao ERE 1. Ese foi o argumento principal para que en novagalicia banco o ERE III contemple despedimentos individuais fraudulentos para ese colectivo co fin de evitar eses pagos a Facenda.

Agora o Partido Popular se rectifica a si mesmo, presentou unha emenda que establece que deberanse facer ingresos polos despedimentos realizados a partir do 27 de abril de 2011, polo que os 1.230 despedimentos/prexubilacións do ERE 1 quedan exentos.

Esa novidade pode facilitar a saída das 37 persoas maiores de 55 anos que tiñan solicitado a súa inclusión nas baixas incentivadas do ERE II, previa modificación do ERE III.

O PP cedeu ás presións das entidades financeiras que debían afrontar o novo proceso de reestruturación impulsado polo nefasto de Guindos.

Sem comentários: