18.4.12

Botan a indefinidos e os substituen con contratos temporais.


Cando se puxo en marcha a negociación do ERE III dicíamos que había carga de traballo, é dicir clientela que atender, e que polo tanto as medidas tomadas non eran realistas. Hoxe mentres compañeiros e compañeiras con contrato indefinido están saíndo pola porta traseira da empresa, esta está recorrendo á contratación de persoal con contratos temporais.

A contratación de persoal temporal para cubrir postos de traballo de estrutura é unha fraude en si mesma, pero ademais se demostra que os argumentos utilizados para defender a necesidade das baixas incentivadas e das suspensións de contrato non eran certos.

Antes de negociar o ERE-III a empresa mantiña un amplo número de temporais para reforzar a rede de oficinas en Galiza, simplemente por que facían falta. Agora unha vez aprobado o novo ERE-III están contratando temporais de novo: si antes faltaba persoal, agora falta mais.

Poderán esgrimir que hai ocos que teñen que cubrir á espera da reestruturación definitiva dos SSCC e da recolocación do persoal excedente dos distintos departamentos. O tempo dará e quitará razóns.

Polo pronto temos solicitado da empresa que nos remita copias básicas dos contratos temporais, xa que aínda por riba temos sospeitas de que poda estar utilizando as modalidades mais precarias que existen.

Pero a contratación temporal non é un caso illado, como xa temos denunciado, pretenden reducir Servizos Centrais Galiza en tanto que externalizan mais carga de traballo a través de subcontratas. Iso tampouco garante nada nas subcontratas, os bailes transferindo e quitando carga de traballo a unhas e outras están xustificando despedimentos obxectivos e novos ERE´s tamén alí.

Por último e ante a aplicación da mobilidades xeográfica colectiva pactada no Acordo do novo ERE é obrigado informar que en NCG banco, o 90% dos accidentes laborais son accidentes “in itinere”: é dicir o maior risco laboral son os desprazamentos ao ir ou saír do traballo, algo que no momento de decidir os traslados forzosos non teñen en conta.

Poden teimar que foi un bo acordo, pero non o creen nin eles.

Sem comentários: