26.10.11

Cobraron indemnizacións por marchar, pero siguen cobrando

Deseño de Berto (Aduaneiros sem fronteiras) no 2007. Utilizar citando ao autor
Malia o escándalo das indemnizacións multimillonarias os ex-directivos que cobraron por marchar, continuan cobrando por representar á Entidade. Castellano e os seus Conselleiros, así como os representantes do FROB (Ministerio de Economía e o Banco de España) que teñen o 93% da entidade nacionalizada, manteñen a ex-directivos como representantes de novagalicia banco nas empresas participadas.

Malia que José Luis Méndez López dimitiu, que non foi cesado, de Ahorro Corporación continua noutros Consellos de Administración como o de Sacyr (os 14 Conselleiros cobraron un total de 5 millóns de euros) ou Tecnocom (onde os 10 Conselleiros cobraron 939.000 euros). 

José Luis Pego, Gregorio Gorriaran ou Oscar Rodríguez Estrada continuan no Consello de Administración do Banco Gallego. Tamén figura neste Consello de Administración Julio Fernández Gayoso, presente tamén no da Caixa e no de novagalicia banco, malia ser cargos aparentemente incompatibles. Os Conselleiros do Banco Gallego cobraron no 2010 algo mais de dous millóns de euros aos que hai que engadir 894.000 euros en achegas ao Plan de Pensións, sen que existan dados individualizados. O Banco Gallego ten en marcha un ERE que afectará ao 53% do cadro de persoal en Galiza con saídas forzosas e traslados, co que pretende completar a deslocalización dos SSCC a Madrid.


Sem comentários: