Dende a CIG temos solicitado da Dirección de RRHH na Coruña que nos informen sobre a reestruturación prevista dos Servizos Centrais. Na única xuntanza mantida para tal fin coa representación sindical, a principios de ano, a Dirección quedou en facilitar mais información antes do verán segundo avanzase o proceso, pero non nada de nada.
Desgraciadamente a pouca información da que dispón a maior parte do persoal de SSCC é a que facilitan algúns superiores xerárquicos, e dicimos algúns xa que hai xefes que informan e outros que non.
Somos conscientes de que está rota a folla de ruta da fusión, a paridade garantía e existencia de SSCC en Vigo e a Coruña. O capital privado (si chega a entrar) ou o Banco de España; buscarán rendibilidade e punto, sen entender do carácter social, de paridade ou de calquera outra consideración. Tampouco a dirección procedente das Caixas era garantía de nada, como exemplo o Banco Gallego (hoxe envolto nun ERE e con despedimentos asociados ao peches de oficinas ou SSCC).
É por iso que consideramos fundamental que se nos informe á maior brevidade posible do futuro dos SSCC, en caso contrario tomaremos as medidas que estimemos oportunas, incluídas mobilizacións. A CIG non está atada por “pactos” coa Dirección, temos as mans libres.
Sem comentários:
Enviar um comentário