O 15 de setembro, chegouse a un acordo en materia de Conciliación, unificando as condicións pactadas no seu día en cada unha das Caixas. Decidiremos nos vindeiros días a nosa adhesión ao acordo, que en principio non é negativo pero tampouco engade moitos avances.
Incluso sobre algunha das cuestións que presentan como novidade, a interrupción das vacacións en caso de I.T., xa tiñamos o dereito, segundo sentenza contra Caixa Galicia ratificada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o 12/11/2010.
2 comentários:
No documento, punto3, fálase da paralización das vacacións por hospitalización, pero por baixa médica I.T., se esta se produce con antelación ao periodo vacacional, nunca falan durante o mesmo. Os ata agora asinantes, tragan con todo.
Precisamente por iso destacamos ese punto. Tentan presentalo como novidade cando a sentenza establece a interrupción pola IT (independentemente da súa cualificación ou si precisa hospitalización).
Enviar um comentário