Dende a primeira reunión, a CIG vén solicitando con carácter previo que a empresa facilite a información establecida no Estatuto dos Traballadores para as sucesións de empresa, xa que esta constitúe a primeira garantía para o persoal. Por fin dixeron que esa documentación se facilitará na vindeira reunión.
En relación á proposta de Acordo, queremos lembrar que cando a empresa puxo por riba da mesa a súa proposta na reunión do 15 de xuño, houbo quen dixo que era positiva; nós dixemos que non incluía unha garantía de emprego, das retribucións e demais condicións laborais de cada quen, nin do Convenio de aplicación.
Agora a Dirección di que está disposta a incluír cláusulas neste senso, pero que as propostas por escrito as realizará na vindeira reunión. Ata non ver o articulado non faremos valoracións.
Somos teimudos e a negociación avanza no camiño que nos marcamos xa na primeira reunión. En todo caso hai un escollo insalvable: as novas medidas de reestruturación, que son un cheque en branco para despedir.
As oficinas están desbordadas, marcharon centos de compañeiros/as co ERE e os que quedamos estamos colapsados. Aínda quedan por saír moitos traballadores e traballadoras, e a situación xa é caótica, non aceptamos que nos digan que segue sobrando persoal.
Dende a CIG viñamos demandando reforzos cara ao verano e, aparentemente, haberá reforzos puntuais en determinados días, un paso positivo malia que incompleto.
Onte solicitamos da empresa a apertura dunha mesa de diálogo para o persoal da Obra Social e das Fundacións. Para nós non valen solucións de “compromiso”, como a recollida a última hora nun acta anexa ao Pacto Laboral. Incluída despois de que a CIG denunciara nos medios a falta de garantías para a Obra Social, Fundacións e para as empresas auxiliares.
1 comentário:
Deberíase propoñer unha folga o día da asemblea xeral para darlles un toque de atención e que saiban que estamos todos aí facendo unha piña.
Enviar um comentário