17.6.11

Traspaso do persoal ao NCG Banco, SA

Recortado unilateralmente o dereito a disfrutar das vacacións, coa obriga de asistir polas tardes durante o verano a cursos, sen que se compensen as horas e se retribúan os desprazamentos; aplican medidas unilaterais, Plans "Verano" e "Nexo"; ceses arbitrarios; recortes salariais encubertos; mobilidade xeográfica diaria que afecta a centos de persoas; sobrecarga e formación deficiente do persoal das oficinas agrupadas que se traduce en xornadas laborais maratonianas
... Uns recortes aprobados que agora din que aparcan, pero que non foron retirados no Consello e aos que din que non renuncian.


Hai un ano mobilizámonos conxuntamente en Caixanova para reclamar reforzos para o verano; hoxe a situación é obxectivamente peor, non seremos nós os que digamos que é positiva.


En relación á proposta de acordo, é preciso indicar que o Estatuto dos Traballadores no seu artigo 44 establece unha serie de garantías e dereito a información, que a Dirección está incumprindo. Calquera protocolo de garantías debería partir do cumprimento da lexislación laboral, mellorando as garantías mínimas existentes. O artigo 44 establece claramente que deben facilitar información sobre os prazos previstos de traspaso ao banco, as posibles repercusións económicas, xurídicas e laborais da transmisión e as posibles medidas laborais previstas.


O Consello de Administración cedeu todos os poderes a José María Castellano, sen que teñamos máis datos que os que recolle a prensa. Temos dereito a coñecer os plans dos inversores en materia laboral e así o esiximos cara a chegar a un acordo de garantías.


O documento da empresa non recolle o compromiso de non aplicar medidas traumáticas; non recolle unha cláusula que garanta a retribución anual que cada quen está cobrando; non sabemos canto persoal pasará para Ncg-banco e canto quedará na caixa; cal será o convenio de aplicación para uns e para outros; que pasará co persoal da Obra Social e Fundacións; en definitiva, non ten as garantías mínimas esixibles.


Como novidade, propoñen ampliar as baixas incentivadas (despedimentos voluntarios pagados), reducións de xornada con salarios e suspensións de contratos. Así como cambiar o premio dos 25 anos de antigüidade por días de vacacións.


Seremos firmes na negociación, pero non comulgamos con rodas de muíño. Tal e como expuxemos na reunión con RRHH, esta realidade laboral non pode ser obviada: hai que negociar unha solución para cada un dos problemas expostos.

1 comentário:

O feligrés disse...

Ten que existir o lume eterno para esta xente! Teño que ir a misa os domingos.