Na terceira reunión celebrada hoxe en Santiago e, despois da nosa rotunda negativa e oposición manifestada na reunión anterior, a Dirección comentounos que fixo un esforzo na contención dos gastos xerais e “atoparon” unha partida de 8.000.000 €, polo que a redución dos custes formulada nos plans de axuste presentados ao Banco de España de 43,5 M de €, queda reducida a 35,5 M de €.
Adiántannos que seguen estudando posibles partidas, NON salariais, e que en breve comentaránnolas, todas elas, englobadas na partida de gastos xerais, como:
• Adiantar ao máximo as xubilacións. Ao redor dun 46% de traballadores e traballadoras están pendentes de saída. Por cada traballador/a que deixa a entidade mediante este procedemento, obtense unha rebaixa de custes en torno a 5.000 € mensuais.
• Retorno dos traballadores/as desprazados, basicamente da REDE-2, aforro anual medio aproximado de 6.000 €.
Igualmente coméntannos, ratificando a postura empresarial da reunión anterior, que calquera medida de recortes salariais será consensuada coa representación sindical.
Os Sindicatos asinantes do presente comunicado, desconfiamos desta Dirección, polo que acordamos:
1. Solicitar ao Consello de Administración que modifique o acordo inicial de contención de custes xerais, mediante o recorte salarial (paga beneficios, conxelación trienios, etc...), asumindo que a contención dos custes xerais NON TERÁ REPERCUSIÓN NOS SALARIOS.
2. Sinatura dun ACORDO LABORAL garantindo as nosas condicións na nova entidade (Banco), prevista para o vindeiro 1 de setembro.
Por último, acordamos iniciar as mobilizacións, se non se atenden as nosas peticións, a vindeira semana, coincidindo coa convocatoria do Consello de Administración.
DEFENDAMOS OS NOSOS DEREITOS LABORAIS
POLA VIABILIDADE DE NOVACAIXAGALICIA
Santiago 19-05-11
Sem comentários:
Enviar um comentário