20.5.11

O proxecto de solvencia da UE descubre as mentiras do PSOE

Os recortes son a consecuencia dunha mentira
O proxecto de solvencia que a Unión Europea prevé presentar no de xullo foi atacado polo Goberno do PSOE, xa que deixaría en entredito os duros rateos de capital esixidos ás Caixas de Aforros cos que xustificaron a súa privatización.

Cabe lembrar que o Goberno Central coa complicidade do Banco de España,  adiantou os prazos de implantación previstos en Basilea III, requiríndolle a novacaixagalicia un 10% fronte ao 8% que se lle esixe á banca privada. Esta medida levou a privatización e bancarización de todas as caixas de aforros, pero ademais a futura normativa de aplicación Europea demostra que nin era urxente implementar Basilea III (a Directiva Comunitaria ainda non está en vigor) nin moito menos era preciso reducir os prazos contemplados na propia Basilea III, polo que o Decretazo do Goberno non se xustifica dende o punto de vista da solvencia. 

Querían privatizar as Caixas seguindo as ordes da gran banca multinacional de orixe español (BBVA, Santander), que alegaba problemas para financiarse nos mercados internacionais debido a desconfianza instalada cara o Estado Español e o seu sistema financeiro.

Sem comentários: