1.3.11

Facer que negociamos ou defender a Caixa

O 28 de febreiro constituíronse as mesas negociadoras internas, despois dunha nova liorta entre os outros sindicatos, preocupados uns e outros por conseguir o maior número de postiños na mesa negociadora. Que modelo sindical máis absurdo e fóra da realidade.

Dende que o Goberno anunciou o decretazo de desaparición das Caixas, dende a CIG trazamos unha folla de ruta: dirixímonos aos outros sindicatos; iniciamos mobilizacións para defender a Caixa e concienciar a sociedade; asembleas de traballadores/as para informarvos do que ía sucedendo; intensos contactos con outras organizacións e asociacións para promover unha gran mobilizacións social.

Como xa anunciamos, froito desa campaña, o domingo 13 de marzo ás 12:00 da mañá en Compostela, está convocada unha manifestación cidadá para defender a Caixa, o emprego e o país.

Tería sido máis cómodo agocharnos baixo a bandeira de “unidade” para non facer nada e aínda por riba enredarnos en discusións estériles sobre como deben compoñerse unhas mesas de negociación. Ese non é o modelo da CIG, temos claro que as condicións laborais dependeran da opción de futuro que nos permita o Goberno central e hai que presionalo.

Calquera saída terá un custe laboral, así o establece o Decreto do Goberno que esixe un Plan de Recapitalización, un novo Plan de Negocio e un novo Plan de Reestruturación. E, como na fusión, será o Banco de España quen decida o excedente e que vía se utilizará para a saída.

Tamén sabemos, malia que non informaron na reunión coa Dirección, que están á venda oficinas. Falan de 270 en Galiza e 300 fóra. Despois da fusión vén a fisión.

O desexable sería un acordo para consolidar os nosos dereitos laborais que non contempla o Pacto da Fusión, pero estamos onde estamos.

A CIG e o BNG convocamos unha manifestación aberta a outro tipo de asociacións e organizacións. Agardamos contar con todos e todas vós o

Domingo, 13 de marzo,
ás 12 da mañá en Compostela

Manifestación cidadá

“En defensa do aforro, o emprego e o País”

Sem comentários: