Como xa indicamos en anteriores comunicados, mantiñamos unha diferenza de criterio coa Dirección no referido á fiscalidade que estaban aplicando; foi por iso que ata o día de hoxe adiamos a realización de cálculos ao persoal prexubilable, ata ter confirmación por parte de Facenda de que o noso criterio era o correcto.
Para o cálculo das retencións, a empresa só debería considerar aqueles pagos realizados pola súa conta; nunca, por exemplo, a prestación de desemprego. Malia que afecta a poucos casos, a diferenza económica pode ser substancial. Por outra banda, na reunión mantida o dia 2 de febreiro, a empresa aceptou a nosa proposta de que o persoal coñeza a súa data de saída con 2 meses de antelación, nomeadamente cando se produza no segundo semestre do ano.
Este feito é importante, xa que permitirá modificar a fiscalidade no momento da saída sen ter que facelo a principio de ano, o que podería ter consecuencias fiscais.
Nesta mesma reunión, a empresa informou de que durante o mes de febreiro sairán outras 200 persoas (60 das cales serán de Servizos Centrais), pero non soubo indicar o número total de persoas que poderán saír neste ano, nin os criterios para aprobar a preferencia na data de saída.
Sabemos que esta medida, como a anterior, cando falamos para que o persoal cercano aos 64 anos puidera percibir os 20 días por ano traballado no canto da prexubilación, son meros parches para mellorar o acordo laboral, pero, en todo caso, o noso obxectivo é beneficiar a todos e todas.
Sem comentários:
Enviar um comentário