5.1.11

O agasallo dos reises magos: hora e media máis de traballo.

O persoal procedente da Caixa Galicia deberá traballar hora e media mais froito do Acordo Laboral da fusión que deixa sen efecto o Regulamento de Presenza de Traballo que contemplaba a saída o día 5 de xaneiro para as 13:30 horas. Non foi ata onte que RRHH comunicou ao persoal procedente de Caixa Galicia que a saída hoxe sería ás 15:00 horas.

O agasallo dos tres reises magos (CCOO, CSICA e a Dirección) sfoi hora e media mais de traballo nun día como hoxe. Non sabemos si a solvencia e a viabilidade da nova entidade estaría en perigo por pechar hoxe antes e deixarlle a todo o persoal compartir estas datas coa familia.

Censura. 

Realmente sorprendente é tiránica foi a decisión da empresa de censurar aos compañeiros e compañeiras. Despois da publicación no Portal Interno da noticia do cambio de horario moitas persoas expresaron o seu disgusto coa decisión empresarial facendo uso da opción de comentar as noticias. Non sabemos quen sacou a tesoura e eliminou os comentarios que xa estaban colgados, perseguindo con saña calquera outro posterior.

1 comentário:

Anónimo disse...

As agrupacións de electores son algo temporal (segundo a lexislación), só co fin de presentarse ás eleccións sindicais.

As Seccións Sindicais só poden constituilas os afiliados/as dos sindicatos legalmente constituidos.

Por que a Caixa permite e recoñece que actuen como Sección Sindical os da agrupación de electores, facilitándolle os mesmos medios que ao resto? unha ilegalidade manifesta.

Así calan e asinten despois na asemblea xeral. Os amigos de GP.