Pepiño Blanco declarou o 23 de xaneiro que a fusión galega foi un empeño da Xunta de Galicia, e que el sempre manifestou "dudas" sobre o proceso de fusión.
Pola súa banda Alberte Nuñez Feijoo contestou hoxe mesmo que a fusión foi aprobada polo Banco de España fai mes e medio.
Onte mesmo o diario progubernamental El País, anunciaba que o Banco de España puxo baixo lupa as fusións que deron lugar a Novacaixagalicia, Catalunyacaixa e a das de Castela León. Precisamente o Banco de España acosaría as Caixas de Aforros tradicionais, mentres deixaría a parte os SIP que xa son bancos privados.
As declaracións cruzadas e as noticias malitencionadas que avalan os movementos especulativos contra as Caixas estan sementando incertidume sobre o futuro.
Sem comentários:
Enviar um comentário