1.12.10

O ERE: a reconversión é o primeiro paso cara a privatización

Caixaereautomático
"La reforma de la Ley Orgánica de Cajas de Ahorros (Lorca) abre la puerta a estas entidades para transformar su naturaleza, convertirse en bancos, y captar capital privado".  J.L. Rguez. Zapatero o 27/11/2010.

Para entender o que está pasando, debemos ter en conta que estamos nun proceso que o propio vicepresidente da nova entidade cualificou no seu discurso no acto de constitución de “reconversión”.

Somos vítimas, como o resto da sociedade, das medidas antisociais, dos recortes sociais, da privatización de servizos públicos e estratéxicos. Só o sindicalismo de clase, que combate dentro das empresas pero tamén socialmente, é o único instrumento con capacidade para modificar esta situación desfavorable para as traballadoras e traballadores.

Máis alá dos numerosos comunicados, só a CIG ten dado pasos firmes para impedir o ERE presentando impugnacións. Non o subscribimos e o estamos combatendo, con mobilizacións na rúa ou coa recollida masiva de sinaturas para modificar o acordo laboral: feitos, non palabras.

En consonancia coa nosa posición non participamos no acto de constitución, unha festa celebrada o mesmo día no que se asinou destruír 900 postos de traballo en Galiza.

As Direccións din que non queren privatizar nin bancarizar a nova entidade, pero aprobaron a entrada de capital privado con dereitos políticos nos Estatutos propostos ás respectivas Asembleas Xerais, co voto en contra da CIG.

A Dirección de Caixanova apostou por un SIP; hoxe, todos sabemos que os SIP (nos que tamén hai ERE’s) son Bancos, e un 60% teñen a sede en Madrid. A Dirección de Caixa Galicia sempre foi partidaria da entrada de capital privado. Que digan agora que queren ser unha Caixa de Aforros e non un banco, resulta pouco crible.

Por último, non queremos entrar a valorar as medidas aprobadas nos Consellos de Administración das extintas Caixas, nin unha nin outra entidade facilitaron información: se é tan bo o que aprobaron, ¿por que non explicalo clara e abertamente?

Sem comentários: