27.6.14
Fin
24.6.14
21.6.14
A empresa non informara sobre o impacto laboral ata xullo
Onte a última hora recibimos contestación da Sra Camino. Din que como consideran prioritario o lanzamento da nova marca d obanco, convocarán aos sindicatos cando pase a semana que ven, para a primeira semana de xullo.
20.6.14
A Comisión Europea aproba as modificacións do Plan de Reestruturación
Os medios de comunicación informan de que a Comisión Europea acaba de facer pública a aprobación das modificacións do Plan de Reestruturación.
Xa nos temos dirixido á Dirección da Entidade para que nos informe sobre o impacto laboral das medidas que presentaron en Bruxelas e que foron aprobadas pola Comisión Europea.
Temos solicitado tamén formalmente que nos remitan copia do Plan aprobado por Bruxelas.
Seguiremos informando a todo o cadro de persoal conforme teñamos dados.
19.6.14
Lanzamento da nova marca e Convención Comercial
Hoxe temos remitido o seguinte correo a Sra. Camino e ao Sr. Couceiro, interesándonos por como compensaran ou pagaran as horas extras derivadas da Convención e do lanzamento da marca.
Bos días
En relación ao lanzamento da nova marca, as instruccións que recibiu o persoal din que os envios non poden ser abertos ata as 19:00 hora do día 26 de xuño. Pero que o día 27 ás 8:00 da maña ten que estar colocado todo o material.
17.6.14
Desconvocada concentración
Hoxe a CGT comunicounos que desconvocaron a concentración prevista para o 21 en apoio ao compañeiro Julián Horche, inxustamente despedido.
Subscrever:
Mensagens (Atom)